Actividades

O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.

Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.

Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.

Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:  

 

11 Setembro 2026 - 13 Setembro 2026

WOS Festival x SON Estrella Galicia regresa a Santiago de Compostela do 11 ao 13 de setembro, transformando a cidade nun percorrido inmersivo polo son e a creación contemporánea. 

7 Xullo 2026 - 31 Xullo 2026
PROGRAMA

TALLER DE PLÁSTICA CREAR CUN CHISME

Datas: do 7 ao 10 de xullo
Horario: de 9:00 a 14:00 h
Dirixido a nenos e nenas de 4 a 6 anos.
Prazas: 15
Imparte: Sofía Mediero
Prazo de inscrición: do 28 de maio ao 3 de xullo

29 Abril 2026 - 1 Xullo 2026
Mércores de 19:00 a 20:30 h

A través do movemento, a improvisación e a creación colectiva, neste laboratorio de danza de oito sesións cuestionaremos como habitamos os lugares cotiáns: edificios públicos, prazas, rúas, muros ou recantos esquecidos. Exploraremos os espazos deseñados por Álvaro Siza Vieira no CGAC e outras arquitecturas da cidade. 

27 Xuño 2026
De 11:00 a 13:00 h

Un ano máis, o CGAC e o barrio de San Pedro únense para celebrar as súas populares festas cunha interesante proposta de actividades. Con este motivo, o museo organiza sendos talleres de creación colaborativa deseñados para acoller un fluxo continuo de xente durante dúas horas. O público poderá rematar o seu traballo nun e tomar parte no outro.

25 Xuño 2026
De 17:30 a 20:30 h

O presente ciclo reúne un destacado conxunto de artistas, tanto do contexto galego coma da esfera nacional, cuxas prácticas permiten trazar un panorama aberto, crítico e diverso das formas que adopta a performance contemporánea. As pezas seleccionadas comparten unha profunda vontade de explorar o corpo, a voz, a linguaxe, a memoria, e o cotián como espazos de pensamento e experiencia.

18 Xuño 2026
17:00 h

A Real Academia Galega de Belas Artes dedícalle o Día das Artes Galegas 2026 a José Suárez (Allariz, 1902), o fotógrafo galego máis internacional. Cunha traxectoria marcada pola vangarda artística, Suárez estaba dotado dunha sólida formación intelectual e dun pensamento liberal e republicano. Formou parte do exilio provocado polo golpe de Estado do 1936 contra a República e a democracia.

13 Xuño 2026
19:30 h

O CGAC participa un ano máis na Semana da Ópera do Teatro Real de Madrid. Nesta ocasión, acollerá a retransmisión en directo de Romeo e Xulieta de Charles Gounod

12 Xuño 2026
19:00 h

Coñecín a Misha hai aproximadamente unha década e puiden desenvolver unha intensa conversa con el. Admiro tanto as súas producións coma a súa actitude, o ton hiperhumano das súas investigacións e a súa intuición sobre as cousas no mundo.

8 Febreiro 2026 - 31 Maio 2026
Domingos de 17:00 h a 19:30 h

O CGAC propón este novo laboratorio de escritura, que se desenvolverá ao longo de catro meses en sesións quincenais.

O proxecto é un cruzamento entre a literatura e a arte conceptual no que as persoas participantes escribirán a súa propia biografía.