Este curso propón unha exploración de diversas paisaxes fílmicas a través do desprazamento dos corpos e da viaxe, tanto física coma simbólica (se é que se pode establecer esa distinción).
- Inicio
- Actividades
Actividades
O Departamento de Actividades e Educación do CGAC desenvolve o seu programa cunha finalidade primordial: achegar a arte á sociedade a través da análise rigorosa de cuestións cruciais inherentes á actividade artística contemporánea.
Ciclos de cine e de conferencias, talleres, seminarios e concertos constitúen a oferta fundamental de actividades do centro, que procura involucrar un abano de público que oscila desde o sector profesional do mundo da arte e da cultura ata o cada vez máis numeroso colectivo de artistas e estudantes de belas artes e historia, sen esquecer a todas aquelas persoas interesadas na evolución da arte e a reflexión estética.
Ao mesmo tempo, o CGAC desenvolve programas específicos para centros educativos, así como un servizo de visitas guiadas, co propósito de dotar os distintos colectivos que se achegan ao museo das ferramentas necesarias para entender a arte actual e, por extensión, o mundo no que vivimos.
Se desexa recibir información sobre as actividades do CGAC, pode solicitalo enviando unha mensaxe aos seguintes enderezos electrónicos:
Ao longo de tres xornadas, Miguel Ángel Delgado proponnos reflexionar sobre unha selección de obras de cineastas e artistas galegas que, coas súas prácticas e a súa experimentación na intersección do cine e do museo, abriron novos imaxinarios cos que descubrir e interrogar a realidade.
O obxectivo deste programa é fomentar e facilitar o diálogo entre o público e a arte contemporánea co ioga como ferramenta para a mediación.
O ciclo de cinema Novos imaxinarios introduce parte da produción cinematográfica dos creadores e creadoras participantes na exposición e permítenos descubrir as inquietudes artísticas que foron configurando os seus imaxinarios desde os primeiros momentos da súa traxectoria.
O catálogo da exposición Almudena Fernández Fariña. Pisando charcos, que tivo lugar no CGAC entre xullo e setembro de 2023, propón unha completa revisión da traxectoria desta artista viguesa, que destaca sobre todo pola súa contribución ao entendemento da pintura como un xénero permeable cuxo potencial de diálogo co contexto se multiplica en virtude da súa capacidade para expandirse alén do marco.
MODALIDADE EN LIÑA: venres 16 de febreiro de 18:00 a 20:30 h e sábado 17 de febreiro de 10:00 a 14:30 h
MODALIDADE PRESENCIAL: sábados de 10:00 a 14:15 h e de 16:00 a 19:30 h
Vivimos rodeados de imaxes e temos, máis ca nunca, acceso a ferramentas que nos permiten crear mensaxes visuais ou audiovisuais e compartilas.
Nun exercicio de arqueoloxía, ao longo do curso Na orixe das especies. As outras xenealoxías da arte contemporánea trataremos de desenterrar imaxes e obxectos da cultura popular que a arte converteu en imperecedoiros, a pesar de orixinalmente estaren destinados a seren consumidos rapidamente para desaparecer logo dun primeiro (e a miúdo tamén derradeiro) uso.
Propoñemos un novo percorrido arquitectónico que anime a todos os públicos a percorrer a cidade e gozar da súa arquitectura para descubrir aqueles espazos urbanos que experimentaron transformacións nas últimas décadas.
Un ano máis, o CGAC colabora coa Universidade de Vigo na organización do IX Congreso Internacional de Performance Fugas e Interferencias, o único congreso académico internacional dedicado a esta disciplina en España.
